A Deputación da Coruña organiza un debate sobre o 'Brexit' e retos da UE

|

Brexitbanderasreinounidounioneuropea 1


O centro oficial de información da Comisión Europea, 'Europe Direct A Coruña', dependente da Deputación da Coruña, organiza un debate sobre as oportunidades e ameazas da Unión Europea, entre elas o 'Brexit', informa a Deputación.


O encontro celebrarase este xoves no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela, entre as 18,00 e as 20,00 horas, e estará aberto ao público en xeral.


Julio Sequeiros, membro da Rede Team Europe, será o encargado de moderar o debate que contará coas intervencións da europarlamentaria Lida Senra, o catedrático e investigador na Universidade de Santiago de Compostela (USC) José Luis Mascareñas e a responsable de calidade de Sword Health, Mariana Neto.


No encontro trataranse temas coma o 'Brexit', o euroescepticismo, os populismos e a inmigración. Así mesmo, falarase "sobre o futuro de Europa e as distintas oportunidades que se ofrecen para traballar, estudar e vivir nos 28 países da Unión Europea", precisa a institución provincial.

relacionada Os líderes da UE aproban por unanimidade as 'liñas vermellas' para o 'Brexit'
relacionada Cume dos países do sur para crear un discurso común ante o Brexit
relacionada A Consellaría do Mar prepárase con argumentos para as consecuencias do 'Brexit'

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial
Powered by Bigpress