Unha exposición repasa a historia do movemento obreiro na Coruña

|

Exposicionobreiros


O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, inaugurou este domingo a mostra 'A forza necesaria', unha exposición que se poderá visitar ata o 15 de maio na praza de María Pita e que repasa a traxectoria histórica da cidade en defensa dos dereitos laborais, o sindicalismo e o movemento obreiro", informa o goberno local.


Promovida pola Concellería de Emprego e Economía Social, a mostra, que se dá a coñecer un día antes da celebración do Primeiro de Maio, é obra do autor coruñés Pepe Barro.


A mostra incluirá 150 imaxes que proceden de distintos arquivos públicos, entre eles fondos do Arquivo Municipal, do Reino de Galicia, da Real Academia Galega (RAG) ou a Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela (USC), entre outras institucións.


Ademais, tamén colaboran entidades como a Fundación 10 de Marzo ou a Fundación Luis Tílve, a Unión Anarcosindicalista da Coruña ou o Proxecto Nomes e Voces.

relacionada O Día da Clase Obreira Galega reivindica "a batalla convenio a convenio"
relacionada Centos de persoas saen á rúa contra a precariedade laboral
relacionada A hora traballada en España é 8,5 euros máis barata que na zona euro

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress