Extinguido o lume de Rianxo tras calcinar 75 hectáreas
O incendio do Incio (Lugo) permanece controlado tras queimar unhas 100 hectáreas.
A Xunta de Galicia deu por extinguido o incendio forestal rexistrado no municipio coruñés de Rianxo que calcinou, segundo as últimas estimacións, unha superficie de 75 hectáreas, das que 47 son de monte arborizado e 28 de raso.
Este incendio, localizado na parroquia de Isorna, comezou ás 14,51 horas do xoves e permanecía controlado desde as 23,14 horas da mesma xornada. Avanzada a mañá deste venres deuse por extinguido.
Nos labores de extinción deste incendio participaron 11 axentes, 15 brigadas, 11 motobombas, dúas pas, seis helicópteros e un avión.
Mentres, no municipio lugués do Incio, o incendio forestal no que resultou ferido un traballador do servizo de extinción o xoves, iniciado na parroquia de Trascastro, queimou unhas 100 hectáreas.
Escribe o teu comentario