En Galicia non existen persoas nin grupos radicalizados de xihadismo
O delegado do Goberno remarca que a poboación musulmá está "integrada" e que Galicia é unha comunidade "segura" neste aspecto.
O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, descartou que existan nesta comunidade autónoma "focos radicalizados" de xihadismo, coincidindo coa súa intervención nunhas xornadas na Estrada (Pontevedra) sobre esta temática.
En declaracións aos xornalistas, manifestou que non hai "constancia" de persoas ou grupos radicalizados. Ademais, remarcou que a poboación musulmá nesta comunidade autónoma está "integrada" e que non presenta "ningún problema".
Na mesma liña, expuxo que Galicia é unha comunidade autónoma "segura". "Non hai ningunha situación alarmante", engadiu Villanueva precisando que se pode estar "tranquilo" a este respecto.
Con todo, lembrou que "a seguridade ao cento por cento non está garantida", aínda que, a colación, insistiu en que a comunidade musulmá en Galicia non dá "problemas de convivencia".
Escribe o teu comentario