SOS Sanidade Pública solicita a recusación da Valedora do Pobo

Critican que as resolucións de Milagros Otero son sempre a favor da Administración do PP e tíldana de "correa de transmisión"


|

Sossanidadepublica 2


Organizacións sanitarias, sociais, sindicais e políticas que conforman a Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela compareceron este luns en rolda de prensa para solicitar do goberno galego a inmediata recusación da Defensora do Pobo "pola súa actitude submisa e mesmo belixerante coas diferentes organizacións".


O portavoz da plataforma, Xosé Deus, explicou que acordaron solicitar a recusación e non a dimisión porque tal e como se nomea hoxe á persoa que ostenta o cargo de Defensora ou Defensor do Pobo o único que se conseguiría sería que no seu lugar o PP puxera a outra persoa que actuara do mesmo xeito. Con todo, cunha recusación, SOS pretende que o Partido Popular lle dea "un toque de atención" lembrándolle que a súa responsabilidade é "defender á sociedade civil e non ás administracións".


Neste sentido, a plataforma incidiu en que as resolucións son "sempre a favor da Administración do PP".


Dios denunciou que 50.000 das queixas recibidas o ano pasado debéronse "ao mal funcionamento da sanidade", algo que "evidencia" o "mal" funcionamento desta área.


Con todo, o portavoz da plataforma criticou que a valedora non o reflicta nas súas intervencións e que as súas respostas sexan un "curta e pega" das da Administración.


Fronte a esta situación, José María Dios denunciou atrasos na contestación de queixas de colectivos que acudiron á institución e que "foron directamente atacados" pola valedora.


Durante a rolda de prensa, a concelleira de Servizos Sociais do Concello de Santiago, Concha Fernández, acusou á valedora de actuar de forma "irresponsable e irrespetuosa" ao "tomar partido", como no caso das queixas polas persoas sen teito neste municipio.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE