Un incendio provoca danos nunha nave industrial do Porriño
O lume calcinou un forno de secado de verniz e toda a canalización de extracción de gases.
Un incendio rexistrado este sábado nunha nave do polígono industrial das Gádaras do Porriño, en Pontevedra, provocou danos materiais.
Segundo informou o CAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar ás 9,30 horas, cando o lume calcinou un forno de secado de verniz e toda a canalización de extracción de gases.
Tras recibir a alerta, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso a Protección Civil da localidade, á Policía Local e aos Bombeiros de Vigo. Os Bombeiros do Porriño tamén participaron no operativo. Tras extinguir o lume, a dotación levou a cabo tarefas de ventilación.
Escribe o teu comentario