A desaparecida en Ourense mantiña vínculos con seitas apocalípticas
Foi vista por última vez por un grupo de mozos na estación de autobuses en aparente estado de alleamento.
Efectivos de Protección Civil, da Garda Civil e da Policía de Montaña colaboran na procura da ourensá Belén R.E. (57 anos), desaparecida do seu domicilio desde o pasado 7 de abril e que, segundo fontes da investigación, foi vista por última vez por un grupo de mozos na estación de autobuses en estado de alleamento.
A procura comezou a redor desa zona próxima ao río Miño e a Policía Nacional non descarta ningunha hipótese: que marchara de forma voluntaria, que sufrise un accidente ou que fose vítima dunha agresión.
As persoas da contorna de Belén R.E. confirmaron á investigación que a muller mantiña vínculos con grupos que aseguraban predicir o fin do mundo, aínda que non eran de carácter destrutivo.
En caso de non obter resultados durante o fin de semana o luns está prevista a posta en marcha dun dispositivo de procura metódica por parte de todas as forzas de seguridade.
DESAPARICIÓN
Belén R.E. desapareceu do seu domicilio o sete de abril, despois de ir a comer coa súa nai no domicilio desta na rúa Cardenal Quiroga, no centro da cidade.
Desde entón a muller non pasou polo seu negocio de turismo rural nin mantivo contacto con ningún coñecido. O seu irmán presentou este mércores denuncia no Cuartel da Policía Nacional.
Escribe o teu comentario