Facenda devolveu case 50 millóns de euros no que vai de campaña da renda en Galicia
No conxunto do Estado, a Axencia Tributaria devolveu nesta quincena máis de 1.041 millóns de euros.
Facenda xa devolveu 47,6 millóns de euros a contribuíntes galegos nas primeiras dúas semanas da campaña da Renda 2016, un 27,5% máis que nas mesmas datas de hai un ano, informou este venres a Axencia Tributaria.
Polo momento en Galicia presentáronse 120.086 declaracións, un 12,39% máis que hai un ano. Ademais, das 106.350 devolucións solicitadas, das que se pagaron xa o 77.59%, suman un total de 74,18 millóns, dos que se abonaron o 64,22% do total.
No conxunto do Estado, a Axencia Tributaria (AEAT) devolveu nestes primeiro 15 días da Campaña da Renda 2016 máis de 1.041 millóns de euros, o que supón un incremento do 17,6% con respecto a igual data de campaña do ano pasado, a un total de 1,63 millóns de contribuíntes, un 10,9% máis, segundo informou o Ministerio de Facenda e Función Pública nunha nota.
En total, está previsto que na presente campaña se presenten 19,75 millóns de declaracións, o que supón un novo incremento no número de declarantes de IRPF tras o rexistrado nas últimas campañas.
En concreto, prevese que dean dereito a devolución un total de 14,77 millóns de declaracións, por importe de 11.198 millóns de euros, mentres que se espera que 4,17 millóns de declaracións saian con resultado a ingresar, por importe de 8.537 millóns de euros.
INTERNET
Desde o primeiro día de campaña, que este ano se iniciou o pasado 5 de abril, está aberta a posibilidade de presentar as declaracións por Internet e a atención telefónica, así como a presentación de declaracións impresas a través das entidades colaboradoras.
O prazo de presentación finalizará o próximo 30 de xuño, tanto para as declaracións para ingresar como para aquelas con resultado a devolver. Con todo, nas declaracións para ingresar, se se opta por realizar o pago mediante domiciliación bancaria o prazo de presentación abarcará ata o 26 de xuño. A campaña presencial comezará o 11 de maio, do mesmo xeito que a asistencia en oficinas.
Escribe o teu comentario