Gandeiros galegos lanzan a marca 'Muuu' por toda España

Este leite, da sociedade de gandeiros Leite Noso, comercializarase inicialmente nos establecementos Carrefour. 


|

Lechemuuu


A sociedade de gandeiros galegos que envasa Deleite, Leite Noso, lanzou este martes a marca 'Muuu' para toda España. Este leite comercializarase inicialmente nos establecementos Carrefour, coa que a entidade chegou a un acordo estratéxico para o lanzamento do produto.


Nun comunicado, a sociedade destacou que hai xa 11 meses que os produtores de Leite Noso lograron a volta da marca Deleite aos lineais de dous supermercados galegos.


Segundo indicou, tratouse dunha iniciativa pioneira xa que era a primeira vez que os gandeiros se unían para comercializar de forma directa a súa produción, sen intermediación algunha.


Leite Noso sinalou que o éxito da aposta consolídase agora coa saída de 'Muuu' ao mercado español.


Ademais, indicou que o prezo do leite percibido polas granxas provedoras de Leite Noso sitúase desde un inicio no tramo alto dos prezos que hai no campo e que comprométese á recollida do 100% da produción das granxas, sen ampliar fórmulas de desconto para parte das entregas en función dos prezos dos produtos lácteos industriais.

relacionada Galicia perdeu 1.000 granxas desde o final das cotas lácteas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE