Quinta edición do 'Job Day' da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
Empresarios e desempregados do sector TIC da área transfronteiriza cítanse en Gimaraes para cubrir máis de 150 ofertas de traballo.
Empresarios e desempregados do sector TIC protagonizarán o próximo 'Job Day' da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, que terá lugar o próximo 2 de maio en Guimaraes con 152 ofertas de emprego.
Dedicado ao sector TIC, a quinta edición do 'Job Day' transfronteirizo busca promover a mobilidade e a contratación de traballadores na Eurorrexión. Para iso, habilitaranse espazos para entrevistas e contratacións, tal e como indicou a Xunta nun comunicado.
En concreto, esta edición está organizada pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión, en asociación con outras entidades.
Os interesados en participar no 'Job Day' poden enviar o currículo a gnpaect@gnpaect.eu
Escribe o teu comentario