Dimite un membro do Consello de Administración de Abanca para unirse ao Popular
A entidade que lidera Escotet acorda a reorganización das súas comisións por mor da saída de Sánchez-Asiaín | Substitúe a Pedro Larena, que renunciou ao cargo no Popular hai unha semana.
O consello de administración do Popular nomeou a Ignacio Sánchez-Asiaín novo conselleiro delegado da entidade con efecto desde o vindeiro martes, 18 de abril, en substitución de Pedro Larena, que renunciou ao cargo hai unha semana.
O nomeamento como conselleiro delegado de Sánchez-Asiaín, decidido por unanimidade, foi acompañado da súa designación como vogal do consello, segundo informou a entidade á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).
Precisamente, tras o seu nomeamento como novo conselleiro delegado, Sánchez-Asiaín abandoou o consello de administración de Abanca. A entidade agradeceulle os servizos prestados, segundo informou ao supervisor.
Ademais, como consecuencia da súa dimisión, o consello de administración de Abanca acordou a reorganización das súas comisións.
Escribe o teu comentario