A Semana Santa non frea as protestas para pedir o regreso de Don Ramón
Preto de medio milleiro de persoas volven manifestarse en Friol coa intención de "enviar unha mensaxe clara e directa".
Os veciños da parroquia de Anxeriz, situada no municipio lugués de Friol, volveron manifestarse un novo domingo para pedir o retorno do párroco José Ramón Pérez, trasladado hai uns meses á zona de Ribas do Sil e Quiroga (Lugo).
Unhas 400 persoas concentráronse neste Domingo de Ramos que marca o inicio da Semana Santa nas inmediacións da igrexa de Anxeriz para, segundo os organizadores, "enviar unha mensaxe clara e directa aos responsables de Don Ramón".
O colectivo veciñal denunciou, a través dun comunicado remitido aos medios este domingo, que a súa postura foi de novo "ignorada" no encontro que mantiveron con responsables do Arcebispado de Lugo.
Escribe o teu comentario