Os traballadores de Cotrafer denuncian que levan cinco meses sen cobrar as súas nóminas
Os empregados da auxiliar de Navantia afirman que á falta de pagamentos súmanse "as ameazas de despedimento e baixadas de soldo".
Os traballadores da empresa Cotrafer, auxiliar de Navantia, concentráronse este venres diante das instalacións da compañía no polígono da Gándara, en Narón, para denunciar a falta de pagamento dos seus salarios. "Hai xente á que lle deben cinco nóminas e están desde decembro sen cobrar", criticaron os operarios.
Á reiterada falta de pagamentos súmanse as "ameazas de despedimento e baixadas de soldo", sinalaron os empregados, que indican que a situación da empresa é crítica. "Era unha empresa saneada e por unha mala xestión está a afundirse", lamentaron.
Unha vintena de traballadores están afectados por esta situación. Cotrafer leva traballando como auxiliar de Navantia máis de 35 anos no sector de reparacións.
Esteban García Vilasánchez releva ao impopular Revuelta á fronte de Navantia
Escribe o teu comentario