A Xunta convoca 1.043 prazas de docentes e avanza 1.600 no Sergas
Feijóo lembrou que o seu compromiso era aprobar a convocatoria "cando existise cobertura legal".
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este xoves a convocatoria de 1.043 prazas na educación pública ao amparo do real decreto-lei aprobado polo Goberno, á vez que avanzou a súa intención de sacar un total de 1.606 para sanidade en canto se aproben os orzamentos.
Diso deu conta na rolda de prensa tras a reunión semanal co seu goberno, na que se deu o visto e prace á convocatoria de educación. De feito, o mandatario galego lembrou que o seu compromiso era aprobala "cando existise cobertura legal" e, así, seis días despois da validación do real decreto, acordouse.
Escribe o teu comentario