O congreso do PSdeG podería celebrarse en xullo
Luís Álvarez manifestou a súa oposición a facer cambios na xestora galega a estas alturas, e avoga por que calquera modificación sexa para "ampliar" o órgano.
O viceportavoz do PSdeG no Parlamento de Galicia, Luís Álvarez, revelou este mércores en Lugo que o congreso dos socialistas galegos previsiblemente terá lugar no mes de xullo.
Así o manifestou tras ser interpelado sobre posibles cambios na xestora galega e afirmou coincidir co manifestado polo portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, "de que cada día cobra menos sentido facer calquera tipo de renovación ou modificación".
"Os días pasan e as datas do congreso nacional e de Galicia cada día están máis próximos. Barruntamos que será no mes de xullo (o de Galicia)", apuntou.
Álvarez abundou en que "calquera modificación que se puidese facer, debería ser para ampliar esa xestora". "Se queren incluír distintas sensibilidades, que é o termo que se utiliza nese caso, que as inclúan pero non vexo necesidade, nestes momentos, de cambiar a xestora para nada", concluíu.
Escribe o teu comentario