Seis cervexas artesás galegas métense entre as mellores do mundo

|


Cervezas


Dúas pratas e catro bronces. Este é o balance das cervexeiras galegas no Barcelona Beer Challenge (BBC), o concurso de cervexas artesás máis importante do sur de Europa.


As cervexeiras galegas CervexaNÓS, Cervexa Artesá Aloumiña, Faxilda, Menduiña e Kel's foron as premiadas con dúas pratas e catro bronces, segundo indicou a organización nun comunicado.


'Orixinal', de CervexaNÓS, foi prata na categoría Belgian Ale. Pola súa banda, a cervexeira Cervexa Artesá Aloumiña obtivo unha prata con 'Aloumiña Loure' (unha Belgian Blonde Ale) e un bronce con 'Aloumiña Salgadiña' (na categoría Historical Beer).


Menduiña foi galardoada co bronce por 'Maria Soliña' e Kel's levou o terceiro premio con 'Heavyness' na categoría Wee Heavy.


Os premios concedéronse segundo a puntuación de máis de 50 xuíces, que decidiron outorgar o premio á mellor cervexeira da edición 2017 do BBC á norteamericana Founders Brewing CO.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress