Ferido no Porriño un condutor que foi chocar contra unha casa

De madrugada, o seu coche saiu da estrada e encaixouse contra a vivenda, pero puido saír polo seu propio pé.


|

Unha persoa resultou ferida na madrugada deste domingo, concretamente ao fío das 3,30 horas, tras impactar o seu vehículo contra unha casa no Porriño.


O CAE 112 Galicia foi alertado dunha saída de vía por parte dun particular, quen indicou no seu relato que unha persoa resultara ferida ao impactar o seu vehículo contra unha casa. Apuntou, ademais, que a persoa puidera saír do turismo polos seus propios medios.


De inmediato, o 112 Galicia informou do accidente a Urxencias Médicas, á Policía Local, a Protección Civil da localidade e aos Bombeiros do Baixo Miño. Finalmente, a vítima foi trasladada ao Hospital do Castro e o vehículo, que perdera aceite na rúa como consecuencia do impacto, foi retirado.


relacionada Ferida unha muller en Silleda que foi atropelada polo seu propio vehículo
relacionada Falece unha moza de 19 anos ao saírse da estrada e envorcar o seu vehículo en Lugo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE