Falece unha moza de 19 anos ao saírse da estrada e envorcar o seu vehículo en Lugo
O seu acompañante, un home de 28 anos, resultou ferido grave.
Foto de arquivo
Unha moza de 19 anos faleceu e un home de 28 anos resultou ferido grave nun accidente de tráfico rexistrado esta mañá no municipio de Lugo.
O sinistro produciuse ás 8,48 horas na estrada de Orbazai a Ombreiro tras sair da vía e envorcar o Renault Megane que conducía.
Ao lugar acudiron unha ambulancia medicalizada e outra asistencial do 061. No punto foi atendida a moza que faleceu, mentres que o acompañante, de 28 anos, I.P.M., foi levado ao Hospital Lucus Augusti (HULA) de Lugo.
Escribe o teu comentario