O presidente de Cabo Verde visita Galicia para "intensificar" a colaboración
En 2016 a república africana e a Xunta asinaron un memorando en materias como pesca, turismo, educación ou medio ambiente.
Alberto Núñez Feijóo avogou por "seguir intensificando" a colaboración con Cabo Verde en materias como pesca, turismo, educación ou medio ambiente. O presidente da Xunta recibiu este venres o presidente da República de Cabo Verde, Jorge Carlos de Almeida Fonseca, nun encontro oficial no Pazo de Raxoi, onde ambos os mandatarios lembraron que a Xunta e o Goberno caboverdiano asinaron en 2016 un memorando que recolle estas liñas de colaboración, que aspira a "intensificar".
Esta visita prodúcese no marco dunha viaxe do presidente de Cabo Verde a Galicia, no que, ademais de coñecer as autoridades autonómicas e institucións como as universidades galegas, visitará a comunidade caboverdiana que reside en Galicia, con especial presenza en Burela.
Escribe o teu comentario