Ferido un neno de seis anos en Fene ao sufrir un atropelo
O accidente produciuse no aparcadoiro dun supermercado situado no barrio de San Valentín.
Un neno de seis anos resultou ferido en Fene (A Coruña) ao sufrir un atropelo. O menor foi evacuado a un centro hospitalario.
Segundo informou o Centro de Atención ás Emerxencias (CAE) do 112 Galicia, o accidente produciuse no aparcadoiro dun supermercado situado no barrio de San Valentín.
O 112 tivo coñecemento dos feitos ás 18,50 horas deste xoves, a través dun aviso de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Os efectivos sanitarios trasladaron que se enviou unha UVI móbil ao lugar dos feitos para asistir á vítima.
Pola súa banda, o persoal do 112 alertou aos bombeiros de Ferrol, ao GES de Mugardos, a Protección Civil e á Policía Local.
Escribe o teu comentario