Feijóo di que Rajoy non nomeará a dedo o seu sucesor, como fixo Aznar

Sostén que todos os partidos aproveitaron "zonas grises da lei para financiar campañas electorais", pero que iso non é corrupción, e bota de menos "autocrítica" no PP.


|

Rajoyfeijoogaiteiros


Alberto Núñez Feijóo considera que o seu xefe de filas e presidente do Goberno non decidirá quen vai ser o seu sucesor cando decida dar un paso atrás. Nunha entrevista no diario 'El Mundo' recollida por Europa Press, tras ser preguntado por se o 'dedazo' do expresidente popular José María Aznar se podería volver repetir, o mandatario autonómico asegurou que non: "Non se volverá repetir. Iso foi produto dun momento no que todo o mundo estivo de acordo".


"Non me vexo nun partido no que o presidente decida quen vai ser o seu sucesor. Agora xa non o vemos así. Se o presidente abandona as súas responsabilidades, correspóndenos a todos elixir o novo presidente", defendeu.


Sobre o Congreso Nacional do PP, Feijóo recoñeceu que "igual non houbo suficiente autocrítica". "Pero o obxectivo dese congreso era mandar unha mensaxe de partido sólido e preparado ante calquera eventualidade. Nos congresos rexionais si está a haber renovación e autocrítica. O máis importante é que a figura do presidente Rajoy non presenta ningún conflito interno, a diferenza dos outros partidos españois", aseverou.


En relación á gobernabilidade do país, fixo fincapé en que "os líderes políticos, desde a extrema esquerda aos liberais, non poden utilizar un país como refén para o desgaste do Goberno e as ambicións persoais de cada un".


PREFIRE A SUSANA DÍAZ


Preguntado directamente polos candidatos á Secretaría Xeral do PSOE, indicou que se ten que elixir entre a presidenta andaluza, Susana Díaz, e o ex secretario xeral Pedro Sánchez, quedaría coa primeira, xa que coincide máis, precisou, coa súa "visión de España".


Sobre a corrupción da que está salpicado o seu partido, Feijóo asegurou que "o PP pagou cara a corrupción por persoas que se lucraron con diñeiro do partido". "Todos os partidos utilizamos zonas grises da lei para financiar as campañas electorais, e iso é moi distinto do enriquecemento ilícito. Unha cousa é un donativo a un partido e outra outorgar unha obra pública a cambio dunha comisión. Iso é detestable", afirmou.


Nesta mesma liña, subliñou que "se alguén non distingue entre o cumprimento dunha lei que tiña zonas grises e o enriquecemento ilícito", entón, sostén, é que non quere "ver con seriedade o problema".


Preguntado por se xa non hai as mencionadas zonas grises no financiamento das campañas, fixo fincapé en que se tomaron medidas: "Está prohibido recibir diñeiro de empresas. En Galicia, os empresarios xa saben que se reciben algunha solicitude de diñeiro, ese diñeiro é para o político que llo pide, non para o partido".

relacionada Puy, sobre a sucesión de Feijóo: "É coma se me preguntase se vai chover en agosto de 2018"
relacionada Feijóo, sobre a sucesión de Rajoy: "Queda moito presidente por diante"
relacionada Puy rexeita "lecturas" sucesorias na decisión de deixar a cinco conselleiros no Parlamento

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE