Morre Salvador Gabarró, presidente de Honor de Gas Natural Fenosa
Foi presidente da compañía enerxética durante doce anos, ata novembro de 2016.
O presidente de Honor de Gas Natural Fenosa e ex presidente da compañía, Salvador Gabarró, morreu esta madrugada en Barcelona aos 81 anos, informou a compañía.
Nacido en Sant Guim de Freixenet (Lleida) en 1935 e Doutor enxeñeiro industrial, foi presidente de Gas Natural Fenosa durante case doce anos --desde outubro do 2004 ata novembro de 2016--, unha etapa do grupo que se caracterizou "polo crecemento e a consolidación internacional", indicaron desde a empresa enerxética.
O actual presidente da compañía, Isidre Fainé, e todos os membros do consello de administración xunto co comité de dirección da sociedade e os empregados, transmitiron o seu pesar pola morte e acompañan a súa viúva e a súa familia.
Escribe o teu comentario