A Xustiza non ditou ningunha sentenza por corrupción en Galicia en 2016

|

Xustiza 1


A Xustiza non ditou ningunha sentenza por delitos de corrupción en Galicia durante o pasado ano 2016, segundo publicou este xoves o Consello Xeral do Poder Xudicial no seu balance anual.


Este informe apunta que, ao longo de 2016, abríronse un total de catro procedementos por delitos de corrupción na comunidade galega, nos que estiveron ou están acusadas 14 persoas.


Deste xeito, Galicia sitúase, empatada con Asturias, no oitavo lugar no ránking de comunidades autónomas con maior número de procesos abertos por delitos de corrupción; unha clasificación que lidera Baleares seguida pola Comunidade Valenciana, Andalucía e Castela-A Mancha.


Así, das 104 sentenzas xudiciais en procedementos por corrupción ditadas polos xuíces e xuízas en 2016 en España, ningunha foi en Galicia. Comunidade Valenciana, Canarias, Castela-A Mancha, Murcia, Navarra, País Vasco e A Rioxa tampouco rexistraron ningunha sentenza en casos de corrupción.


DATOS ESTATAIS


En canto aos datos a nivel estatal, o CPGJ sinalou que o 76 por cento das 104 sentenzas ditadas en 2016 por delitos de corrupción foron condenatorias, á vez que aputa que neste tempo concluíron un total de 112 procesos sobre esta materia.


Segundo o informe, nos últimos doce meses ditouse auto de xuízo oral contra 659 persoas que foron ou serán levadas a xuízo por delitos como suborno, prevaricación urbanística --é dicir, delitos contra a ordenación do territorio, urbanismo, medio ambiente e patrimonio histórico-- prevaricación administrativa, tráfico de influencias e malversación, entre outros.

relacionada Anticorrupción pide reabrir o caso de 'contabilidade B' do PP
relacionada Horrach: "As presións en investigacións de corrupción sucédense moi a miúdo"
relacionada Bruxelas ve insuficientes as medidas de España para combater a corrupción

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress