A Xunta duplica as axudas para vítimas de violencia machista

O diñeiro destinado a este fin ascende a 4 millóns de euros | As axudas mensuais sitúanse entre 300 e 800 euros durante, máximo, un ano. 


|

Violenciamachista


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que o Executivo duplicará o importe reservado nas arcas da comunidade para axudas periódicas para mulleres vítimas de violencia machista, ata superar os 4 millóns de euros.


"Buscamos garantir a independencia económica das vítimas, o primeiro paso para cortar co agresor e tentar unha nova vida", asegurou Feijóo, quen explicou que as axudas mensuais sitúanse entre os 300 e os 800 euros ao mes durante un período máximo dun ano, en función das condicións familiares da beneficiaria.


Ao termo da reunión semanal do Executivo, o presidente subliñou, ademais, que Galicia é "a primeira comunidade" en incluír nestas axudas a mulleres vítimas de trata. Aludiu tamén ás medidas pactadas no Parlamento, antes de garantir que o seu Goberno actuará na liña do acordado sen romper "a unidade".


De feito, destacou que, en base aos acordos parlamentarios, esta orde de axudas estará aberta todo o ano, de forma que as vítimas poderán solicitalas en calquera momento.


Feijóo concretou que no último ano beneficiáronse desta axuda 324 mulleres. Ademais, repasou outras medidas impulsadas pola Xunta en ámbitos como o educativo, o da atención psicolóxica ou o xudicial, "garantindo servizo xurídico ás vítimas 24 horas e 365 días ao ano".

relacionada Máis de 600 mulleres foron asasinadas por violencia machista na última década
relacionada Intérpretes galegos participan nunha curta da Deputación da Coruña contra a violencia machista
relacionada As CCAA reclaman ao Goberno que invista máis recursos para frear a violencia machista

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE