Crece o número de galegos con dereito a voto que naceron e se asentaron no estranxeiro

Un de cada cinco españois que vive fóra está empadroado en Galicia. A 'quinta provincia' supera o medio millón de persoas.


|

Urnavotacion


Os galegos que residen no estranxeiro subiron un 1,59% ao 1 de xaneiro de 2017 en relación coa mesma data do ano anterior, ata as 511.830 persoas, segundo o padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE) que publica este mércores o Instituto Nacional de Estatística (INE).


En concreto, o padrón recolle a poboación que ten inscrición a efectos electorais na comunidade autónoma e cuxa residencia actualmente se atopa no estranxeiro e que pasaron de 503.840 ao 1 de xaneiro de 2016 a 511.830 ao comezo deste ano.


O total en España elévase a 2.406.611 persoas que residen fóra, polo que un de cada cinco españois que viven no estranxeiro está empadroado en Galicia.


Dos 511.830 galegos que residen no estranxeiro, 146.785 naceron en Galicia, o que supón 789 menos que hai un ano, cando eran 147.785. Do mesmo xeito, tamén baixan os nados noutras comunidades autónomas e os que non especifican lugar de nacemento. En total, os nados en España suman 156.225.


Fronte a iso, o INE informa de un incremento nos galegos residentes no estranxeiro que naceron xa fóra de España e que ascenden a 356.712, o que supón 8.675 persoas máis que os 348.037 galegos residentes e nados no estranxeiro rexistrados hai un ano.


A distribución de galegos --persoas inscritas a efectos electorais en Galicia-- vivindo fóra é similar entre homes e mulleres, con 249.220 e 262.610, respectivamente. Por idades, teñen menos de 16 un total de 53.302 persoas, 309.691 atópanse entre os 16 e os 64 anos e máis de 148.000 están por encima dos 65 anos.


DISTRIBUCIÓN POR CONTINENTES


Entre os galegos residentes no estranxeiro destacan os que viven en América, 399.425; seguidos dos que residen en Europa --108.145--, en Oceanía --1.922--, en Asia --1.341-- e en África --997--.


Por países, no continente americano destacan os que residen en Arxentina --172.948--, en Venezuela --43.975-- e en Cuba --40.750--, mentres que en Europa concéntranse sobre todo en Suíza --40.983--, Francia --18.963-- e Alemaña --17.023--.


No continente africano destacan os 213 galegos residentes en Sudáfrica e os 146 que viven en Marrocos, mentres que en Asia encabezan a lista os residentes en China --250--, Emiratos Árabes --199-- e Xapón --113--. Así mesmo, 1.848 galegos viven en Australia.


CASE 19.000 NOVAS INSCRICIÓNS


Mentres, as novas inscricións por parte de Galicia no padrón de españois residentes no estranxeiro foron 18.208 ao longo de 2016, dos que 13.980 naceron no estranxeiro, 3.675 naceron na provincia de inscrición e 553 noutra.


Destes 18.208 novos inscritos no padrón de españois residentes no estranxeiro e inscritos en Galicia a efectos electorais, 5.892 teñen menos de 16 anos, 10.637 entre 16 e 64 anos e 1.679 máis de 64.

relacionada O millonario ourensán amigo de Slim revela os seus vínculos co poder político de México
relacionada A comedia 'Get Back', sobre galegos emigrados en Londres, aterra en Santiago

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE