A Deputación de Lugo aproba as súas contas grazas á abstención de PP e BNG

Obtiveron o voto favorable dos once deputados do PSOE, a abstención dos doce do PP e os dous do BNG.


|

Diputacionlugopleno


A Deputación de Lugo conta con orzamentos ao ser aprobados inicialmente no pleno extraordinario celebrado este martes co voto favorable do grupo socialista e a abstención de populares e do BNG.


A deputada de Economía e alcaldesa de Trabada, Mayra García, foi a encargada de defender as contas provinciais que ascenden a 84,8 millóns de euros, dos que se destinan máis de 44 millóns (o 52 por cento) a "fomento do emprego, políticas sociais e infraestruturas".


Tamén se contempla unha partida de vinte millóns de euros para un "plan único" dirixido aos 67 concellos da provincia de Lugo, nunha repartición "equitativa", o que lle valeu a Mayra García para resaltar que se trata duns orzamentos "municipalistas".


A popular Elena Candia xa anunciou de partida que ía "facilitar" a aprobación dos orzamentos, coa abstención do seu grupo. Non desaproveitou a ocasión para "poñer en valor o conseguido para esa repartición (do plan único) con transparencia para os 67 concellos da provincia". "Permítanme felicitar a todos os grupos políticos por conseguir este acordo", celebrou a popular.


Por parte do BNG, o seu portavoz Xosé Ferreiro foi o máis crítico nas súas intervencións, nas que apuntaba que se ían a abster. Nun momento do debate tamén quixo deixar claro que era "unha falta de respecto" que se insinuou que poden volver ao goberno provincial.


"FALTA DE RESPECTO"


"A mera insinuación de que puidésemos volver ao goberno algúns tomámonola non como un insulto, pero si como unha falta de respecto, despois de todo o pasado", afirmou Ferreiro, quen avanzou que non volverán ao goberno nesta lexislatura.


Así, lembrou que o deixaron o pasado ano cando se aprobaron os orzamentos no mes de xuño ás súas "costas", co voto favorable do PP e do que nese momento era deputado non adscrito, Manuel Martínez.


Finalmente, na sesión aprobáronse as contas da Deputación de Lugo, co voto favorable dos once deputados do PSOE, a abstención dos doce do PP e os dous do BNG.

relacionada O PP da Deputación de Lugo facilitará a aprobación dos orzamentos provinciais
relacionada O BNG descarta "con total rotundidade" volver ao goberno da Deputación de Lugo
relacionada Manuel Martínez volverá á Deputación de Lugo como vicepresidente

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE