Necesítanse 19 millóns de tapóns solidarios para axudar a Valeria

|

Taponesplastico


Unha campaña solidaria impulsada pola Fundación Amigos de Galicia en colaboración co Concello de Verín (Ourense) pretender reunir 19 millóns de tapóns para recadar fondos en favor dunha nena verinesa que padece atraso global no desenvolvemento.


Este xoves foi presentada a campaña, coa que persegue custear o tratamento de Valeria, nada fai sete anos en Verín e que padece unha enfermidade para a que "actualmente a Seguridade Social non cobre ningún tratamento que poida mellorar a súa calidade de vida".


Coa campaña, Valeria poderá recibir sesións de terapia ocupacional, fisioterapia e logopedia. O tratamento anual ascende a unha cantidade de 10.680 euros e o Concello de Verín farase cargo do 30%, mentres que a Fundación Amigos de Galicia asumirá o restante 70%.


Segundo os cálculos desta fundación, para financiar un ano de tratamento de Valeria son necesarios máis de 40.000 quilos de tapóns. Con todo, grazas á recentemente finalizada campaña en favor dunha nena pontevedresa, a entidade xa dispón de 14.400 quilos que irán destinados á causa de Valeria.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress