10.000 queixos e 3.500 pezas de pan para celebrar 25 anos da Feira do Queixo e Pan de Friol

|

Friolfeiradoqueixoedopan


A vixésimo quinta edición da Feira do Queixo e Pan de Ousá de Friol (Lugo) contará cuns 10.000 queixos e 3.500 pezas de pan do 25 e 26 de marzo, segundo indicou este xoves o alcalde da localidade, José Ángel Santos.


A principal novidade, segundo sinalou o rexedor na presentación, amplíase un día máis, "coincidindo coa conmemoración" dese aniversario, segundo abundou.


En canto á participación, xa confirmaron que acudirán "95 queixeiras e cinco panaderías do concello", que levarán ata o feiral "sobre 10.000 queixos e 3.500 pezas de pan".


Os prezos para o queixo oscilarán "entre os seis euros os frescos e os dez euros os curados", e o pan "a dous euros corenta pola peza dun quilo".


'FRIULIO'


José Ángel Santos avanzou que o sábado 25 ábrese a feira cunha actividade bautizada como 'Friulio', que será un encontro "entre asociacións castrexas e romanas vinculadas á recreación histórica e onde colaboran tamén diferentes asociacións culturais de Friol".


"Durante esa xornada trátase de recrear os modos de vida, os costumes e crenzas desas dúas culturas, con asociacións de Lugo e unha que vén de Soria que é Terra Queimada", segundo detallou o alcalde na súa intervención.


Finalmente, animou a "que se achegue o máximo número posible de xente" a eses dous días en que se concentrará a Feira do queixo de Friol e Pan de Ousá.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress