Repsol realiza o maior descubrimento de petróleo dos últimos 30 anos en EEUU
Os recursos identificados cos datos existentes sobre a formación Nanushuk alcanzan aproximadamente 1.200 millóns de barrís recuperables de cru lixeiro.
Repsol e o seu socio Armstrong Energy realizaron en Alaska o maior descubrimento convencional de hidrocarburos logrado nos últimos 30 anos en chan de Estados Unidos, informou a compañía.
Os pozos do achado, denominados 'Horseshoe-1' e 'Horseshoe-1A' e perforados na campaña invernal de exploración 2016-2017, confirman á formación de Nanushuk como unha das de maior potencial da prolífica zona do North Slope de Alaska, segundo sinalou a petroleira.
Os recursos identificados cos datos existentes sobre a formación Nanushuk alcanzan aproximadamente 1.200 millóns de barrís recuperables de cru lixeiro.
Escribe o teu comentario