Rosario Porto pasa a súa primeira noite no cárcere da Lama

Recibiu a alta hospitalaria este domingo pola tarde e tivo que ir recoller as súas cousas a Teixeiro, onde cumpría condena ata agora.


|


Rosarioporto 1


Rosario Porto, a nai de Asunta Basterra, xa se atopa na prisión da Lama, Pontevedra, desde este domingo pola tarde, despois de que os médicos do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) lle desen a alta e tras recoller as súas cousas na prisión de Teixeiro. Tal e como explicaron a Europa Press fontes penais, Rosario Porto foi trasladada "con normalidade".


Rosario Porto apareceu o pasado venres 24 de febreiro desmaiada na súa cela do cárcere de Teixeiro (A Coruña), no que cumpre condena polo asasinato da súa filla en setembro de 2013, tras inxerir varias pastillas, coincidindo co día en que ía ser trasladada de prisión, para cumprir condena na da Lama, en Pontevedra.


O avogado de Rosario Porto, José Luis Gutiérrez Aranguren, manifestou o pasado mércores día 1 de marzo que a súa clienta se atopaba "moi débil fisicamente", tras visitala o pasado luns 27 de febreiro no Chuac. Por iso, dixo que pediría que se reconsiderase a decisión de trasladala á prisión da Lama, onde xa se atopa desde este domingo pola tarde.


Rosario Porto, do mesmo xeito que o seu ex marido Alfonso Basterra, cumpre unha condena de 18 anos de prisión polo asasinato da súa filla adoptiva, Asunta Basterra, un crime ocorrido nas inmediacións de Santiago de Compostela en setembro de 2013.

relacionada Rosario Porto tomou as pastillas para non ser trasladada á Lama
relacionada Ingresan de urxencia a Rosario Porto por unha sobredose de pastillas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE