Traballadores de Pescanova convocan folgas nas plantas de elaboración e frigoríficos

|

Pescanovahuelga


Traballadores da Nova Pescanova nas plantas de elaboración e frigoríficos decidiron na súa asemblea deste sábado convocar folga os martes 14 e 21 de marzo ao considerar que a empresa "continúa nas súas trece" na negociación dos convenios colectivos.


Segundo explicou a Europa Press o representante da CIG no centro, Suso García, a decisión foi tomada pola "práctica totalidade" dos traballadores presentes na asemblea convocada polos sindicatos CIG, UGT, USO e CUT.


Ademais, avanzou que, se a empresa "non cede", prevén facer indefinido este paro para partir do 3 de abril. Con todo, considerou que esperan que a dirección "rectifique" a súa postura e se sente " a negociar" cos traballadores.


E é que os sindicatos denuncian que, nas súas propostas para os novos convenios, Nova Pescanova pretende "flexibilizar a xornada e abaratar o persoal". "A eliminación de primas, o incremento das xornadas ou a eliminación da antigüidade deixouno polo camiño pero o abaratar o salario da xente e a flexibilidade son cuestións nas que segue enrocada e polas que non pasamos", manifestou.


Na asemblea deste sábado, aberta a todos os traballadores, non estivo presente o sindicato CC.OO. aínda que, segundo explicou o representante da CIG, esperan que "se some" a estes paros.


POSICIÓN DA EMPRESA


Pola súa banda, a dirección de Nova Pescanova sostén que a súa proposta de convenios colectivos para as plantas de elaboración e frigoríficos do grupo non afecta os postos de traballo e as condicións laborais dos actuais traballadores senón só aos novos contratados, aos que, en todo caso, propón salarios e condicións que "melloran" o convenio do sector.


Nun comunicado, que trasladou este xoves ao persoal, a empresa asegura que na negociación, pola que houbo "preto de 100 reunións desde o 31 de marzo de 2016", trata de conseguir convenios propios "baixo as premisas de mantemento do emprego e mellora da competitividade e flexibilidade, de forma que se garanta a viabilidade e sustentabilidade futura de todos os seus centros".

relacionada Dimiten dous conselleiros de Pescanova
relacionada CCOO rexeita a proposta de convenio "precarizadora" de Nova Pescanova

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress