Prisión para estudantes que protestaron pola volta dun profesor suspendido por "homófobo"

Domingo Neira admitiu que dixo en clase que "a pederastia e a homosexualidade" é un "problema grave" | Os acusados avanzan que recorrerán a sentenza


|

Domingoneirauschomofobia


Dous dos tres novos xulgados por participar nunha protesta na USC contra o profesor Domingo Neira, denunciado no seu día por parte do alumnado por realizar manifestacións homófobas na aula, foron condenados a tres meses de prisión.


Os propios acusados fixeron público o fallo a través do 'Facebook' dunha plataforma de apoio á súa causa, a través dun comunicado no que avanzan que recorrerán a sentenza ata lograr a plena absolución.


En concreto, o tribunal condena a Antia B. Mario S.M. a tres meses de prisión acusados de desorde pública, mentres que absolve a Atanes, ao terceiro novo acusado neste proceso.


SUSPENDIDO DE EMPREGO E SOLDO


O docente fora suspendido dous meses de emprego e soldo por parte da USC, despois de que admitise que dixo en clase que "a pederastia e a homosexualidade" é un "problema grave" aínda que, no seu momento, negou en declaracións a Europa Press, que sexa un homófobo.


Os alumnos denunciaron que este profesor obrigaba a utilizar como manual de estudo 'Didáctica para o crecemento sociopersonal', no que se recollen comentarios de carácter homófobo. Entre estes comentarios, consideraba "desviacións" da conduta comportamentos como a "sodomía, travestismo e violacións", e unía a corrupción de menores coas "vodas gai", e tamén relacionaba a zoofilia coa homosexualidade.


Con motivo da súa reincorporación, un grupo de alumnos protagonizaron unha protesta en 2015 ao final dunha das súas clases, participando nun 'scrache' no que exhibiron carteis, bandeiras e corearon consignas en contra do seu regreso á aula.


Tras unha denuncia da USC, o xulgado ditou sentenza que condena finalmente a dous dos tres novos acusados por participar nestes feitos.


Nun comunicado, os mozos critican a sentenza por "inxusta" e xustifican os feitos na "loita polos dereitos sexuais plenos" e para tentar impedir que "señores como Domingo Neira gocen da posición de poder que lles outorga unha Cátedra universitaria conseguida no 'franquismo'" para levar a cabo manifestacións homófobas.


Neste sentido, critican que fallos deste tipo "non teñen máis fin" que o de "amedrentar a todas aquelas persoas que saen á rúa e mobilízanse polos seus dereitos". "Non nos calarán! Antia e Mario absolución!", conclúen.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE