Friol non irá a misa os domingos en protesta polo traslado do seu cura
As doce parroquias van ausentarse da súa cita coa igrexa o vindeiro domingo e os sucesivos ata que os reciba o bispo de Lugo.
O alcalde do municipio lucense de Friol, o popular José Santos, confirmou que os veciños de doce parroquias non acudirán a misa o vindeiro domingo, nin nos sucesivos, ata que non sexan recibidos por o bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco.
Segundo explicou, esta medida obedece á protesta polo traslado a Ribas do Sil do párroco destas doce parroquias de Friol e dúas de Guitiriz, que levou a manifestarse fai un par de semanas a máis de cincocentas persoas ás portas do Bispado, na Praza de Santa María.
O rexedor asegurou que o feito de non ir a misa "é unha medida que adoptaron" os veciños das parroquias "nas que exercía (José) Ramón (Pérez), tanto nos dous de Guitiriz como nas doce de Friol".
"Van deixar de asistir a misas e tamén deixarán de colaborar na limpeza de cada igrexa", avanzou o rexedor de Friol en relación á medida veciñal.
MÁIS MANIFESTACIÓNS
Ademais, José Santos anunciou que este domingo volverán manifestarse en Trasmonte e "así van continuar cada fin de semana en distintas parroquias".
"A idea dos veciños e dos organizadores é esa, seguir manifestándose, reivindicando ser escoitados e vano a seguir facendo ata que se obteña unha resposta por parte do Bispado", concluíu.
Escribe o teu comentario