Os faros de Galicia, un reclamo turístico de primeiro nivel
Acaba de inaugurarse o hotel-restaurante Semáforo Fisterra, situado neste municipio da Costa da Morte.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou este xoves "o gran potencial" dos faros da nosa comunidade como reclamo turístico no mercado global.
Díxoo, segundo un comunicado difundido pola Xunta, durante a inauguración do hotel-restaurante Semáforo Fisterra, situado neste municipio da Costa da Morte.
Neste establecemento, tal e como valorou, os clientes poden "gozar da experiencia única de aloxarse nun faro coas mellores vistas" e, ademais, "degustar a gran gastronomía desta comarca, con produtos do mar de primeiro nivel".
Nava Castro lembrou que unha das "grandes" iniciativas do seu departamento para o vixente exercicio é a posta en marcha dunha rede de miradoiros.
Escribe o teu comentario