En Marea e BNG aféanlle a Feijóo que o seu fillo nacese nunha clínica privada

|

O portavoz parlamentario de En Marea, Luís Villares, afeoulle este mércores ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, que recorrese a un hospital privado para que a súa compañeira dese a luz ao seu fillo, na Coruña.


Durante unha visita a Lugo, Villares lembrou que o propio mandatario dixera "nun medio de comunicación" que tería ao seu fillo "nun centro público". "Pero que Feijóo falte á súa palabra é algo que non nos sorprende", subliñou.


"É algo ao que nos ten afeitos", incidiu, para facer alusión así a que "tamén o AVE ía chegar en 2018" e a que "tamén a AP-9 ía ser galega". "En fin, unha mentira máis non é algo que nos sorprenda", resolveu.


Tamén a través de Twitter tivo unha reacción similar o BNG, que parafraseou, a modo de crítica, ao mandatario autonómico na mesma intervención á que se refería Villares. "Iso era en campaña (que o mellor sitio para dar a luz son os hospitais públicos), agora Feijóo prefire a privada?", apunta na súa conta nesa Rede.



As manifestacións realizadas polo portavoz parlamentario de En Marea foron censuradas por dirixentes populares, como o secretario xeral galego, Miguel Tellado, e a deputada autonómica Paula Prado.


"Lamentable @VillaresLuis con machismo repugnante sobre que o home debe impoñer á muller onde dar a luz e sen respectar nada", recriminoulle Tellado.



"Penoso @villaresluis non se lle ocorre nada mellor que dicirlle a unha muller onde debe dar a luz e facer partidismo con quen non está en política", reprochou, pola súa banda, Paula Prado.




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress