Feijóo advirte que o novo financiamento non pode conceder privilexios a Cataluña
Defendeu aproveitar o momento "inmellorable" para corrixir unha mala financiacion a través dun novo sistema simétrico, xusto e equitativo.
O presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que o futuro da España autonómica pasa por unha maior simetría entre comunidades, na repartición de dereitos e de responsabilidades, e asegurou que o novo financiamento non pode "impoñer un agravio real" entre españois para "paliar o agravio ficticio e sobreactuado dalgún líder autonómico", en clara alusión á Generalitat de Cataluña.
O dirixente galego interveu no debate do relatorio sobre economía e administración territorial no XVIII Congreso Nacional do PP. Asegurou que o momento é "inmellorable" para corrixir un malo financiamento autonómica a través dun novo sistema que profunde na simetría, dixo, partidario dun financiamento "xusto e equitativo".
"É vital que non concibamos España como un quebracabezas das vontades de 17 presidentes autonómicos, somos un mosaico de 46 millóns de españois que deben ser vistos como tales, como persoas, non como partes de territorios", defendeu.
Núñez Feijóo asegurou tamén que o PP seguirá apostando por ser "o partido da responsabilidade na xestión" e que no relatorio económico imponse o que ao seu xuízo é "o sentido común": a estabilidade orzamentaria, non gastar máis do que se ingresa e non deixar "os caixóns cheos de facturas para que as paguen os nosos fillos".
Escribe o teu comentario