Piden que os cinemas galegos non proxecten '50 sombras máis escuras' por "degradar á muller"
Causa Galiza insta tamén á sociedade galega á "inasistencia" á proxección desta película que contribúe a "manter" unha "hexemonía patriarcal e machista".
A organización independentista Causa Galiza vén de solicitar á Administración autonómica que "suspenda a proxección" nos cinemas galegos da película '50 sombras máis escuras', por realizar "apoloxía" da "humillación e degradación das mulleres".
Nun comunicado, a organización apelou á Lei para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero para reclamar que se impida a difusión de contidos que "xustifiquen, banalicen ou inciten a práctica desa violencia".
Causa Galiza instou tamén á sociedade galega á "inasistencia" á proxección desta película que "fai apoloxía da humillación e da degradación das mulleres" e que contribúe a "manter" unha "hexemonía patriarcal e machista".
Escribe o teu comentario