CIS | O PSOE recupérase e Podemos mantense como segunda forza

O PP segue sendo o partido con maior estimación de voto | Ciudadanos consolídase en cuarto lugar pero baixa catro décimas | Javier Fernández, o líder mellor puntuado | En Marea baixa en estimación de voto. 


|

Liderespartidosiglesiasfernandezrajoyrivera


O Barómetro de Xaneiro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) mantén ao PP como o partido con maior estimación de voto, co mesmo 33% que logrou nas xerais de xuño, mentres que Unidos Podemos e as súas confluencias marca un 21,7% e repite en segunda praza, a pesar de que a enquisa se produciu tras estalar a crise interna e a pesar de que o PSOE sobe uns 1,6 puntos e chega ata o 18,6%.


Ciudadanos, na primeira enquisa tras apoiar a Mariano Rajoy como presidente do Goberno, consolídase en cuarto lugar cun respaldo calculado do 12,4%, catro décimas menos que tres meses antes.


Na lista de líderes emerxe o presidente da xestora do PSOE, o asturiano Javier Fernández, que se sitúa como o mellor puntuado de entre as formacións de ámbito estatal.


GALICIA: BAIXA EN MAREA


A estimación de voto para En Marea sitúase no 1,4%, dúas décimas por baixo do dato anterior (1,6%) que recibiu a coalición de Anova, Esquerda Unida e Podemos Galicia. Unidos Podemos mantense como segunda forza política, por detrás do PP e diante do PSOE ao sumar os apoios das confluencias galega, catalá e valenciana.


Ademais, segundo o barómetro, En Marea tamén baixa en intención directa de voto. Se en outubro a enquisa lle outorgou un 1,1% de voto directo, agora no barómetro correspondente a 2017 é do 0,8%.

relacionada Sánchez retirarase da política se non logra recuperar a Secretaría Xeral
relacionada Arrinca a campaña de primarias de Podemos
relacionada Rivera imponse nas primarias e reedita o seu liderado en Ciudadanos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE