Galicia acelera o seu crecemento ata o 3,7% a finais de 2016, segundo Abanca

|

Abancagaliciacrecimiento


Galicia rexistrou un crecemento do 3,7% a finais de 2016, segundo o indicador Abanca Foro de Conxuntura Económica, que mostra unha aceleración no último trimestre do ano.


O indicador, en concreto, alcanza un crecemento interanual da actividade económica do 3,7% ata o mes de novembro. Este incremento, segundo explica o Foro Económico de Galicia, responde ao "tirón" da cifra de negocios do sector servizos, do industrial e das vendas do comercio.


A análise de datos elaborouno o equipo de investigadores do Foro en colaboración co departamento de planificación e estudos de Abanca.


O crecemento da actividade económica de Galicia (de novembro do 2015 ata novembro de 2016) reflíctese en "unha mellora da cifra de traballadores afiliados á Seguridade Social e no índice de produción industrial", apunta.


ACTIVIDADES "MENOS ACTIVAS"


Entre as actividades que presentan un comportamento "menos activo" están a produción de automóbiles, a cifra de importacións de bens e o transporte marítimo de mercadorías.


O 3,7% de crecemento da actividade (novembro 2015-novembro 2016) é o mellor dato de aceleración económica no últimos oito anos, unha décima mellor que o dato alcanzado en outubro e tres décimas mellor que en agosto.


O indicador permite anticipar con datos reais da actividade económica a cifra de crecemento económico representada polo PIB (produto interior bruto), que non se coñecerá ata dentro de dous meses.

relacionada O PIB creceu catro décimas menos en 2016 polo aumento da incerteza
relacionada A industria aeronáutica galega ten "6-7 anos garantidos de contratos"
relacionada O paro sobe en xaneiro por terceiro mes consecutivo en Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress