Un raio apaga a Torre de Hércules

Galicia rexistrou durante a madrugada case 500 lóstregos, a maioría no norte da Coruña e Lugo, que afectaron o faro milenario.


|

Torrehercules


O faro da Torre de Hércules quedou sen luz pasada a medianoite despois de que un raio caído na súa contorna afectase a subministración eléctrica. Esta mañá está xa en funcionamento.


A Comunidade galega rexistrou un total de 471 raios durante a madrugada e a mañá deste domingo, a maioría no norte das provincias da Coruña e Lugo.


Con todo, tal e como indicou Meteogalicia na súa páxina web, estes remiten co mediodía. A maioría dos raios producíronse durante esta madrugada, nun día no que Galicia mantén a alerta laranxa por temporal costeiro que afectará a todo o litoral.

relacionada Récord de visitas a la Torre de Hércules en 2016

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE