Salvamento remolca ata Ribeira unha embarcación con dous tripulantes
Estaba a a deriva a uns dous quilómetros da costa de Aguiño | Os tripulantes lanzaron bengalas para sinalar a súa posición.
Unha embarcación de Salvamento Marítimo remolcou este martes ata o Porto de Ribeira (A Coruña) unha planadora con dous tripulantes a bordo tras avisar de que estaba á deriva a uns dous quilómetros da costa de Aguiño.
Así o indicaron fontes de Salvamento Marítimo, que explicaron que ás 10,52 horas se recibira unha chamada do 112 despois de que avisasen ao servizo de emerxencia de que había dúas persoas a bordo dunha planadora á deriva.
Os tripulantes lanzaron bengalas desde a embarcación para sinalar a súa posición e por parte do Centro de Coordinación de Salvamento de Fisterra mobilizouse a embarcación 'Salvamar Sargadelos', o helicóptero 'Pesca 1' e Protección Civil de Ribeira.
Finalmente o helicóptero retirouse xa que 'Salvamar Sargadelos' procedeu a remolcar a planadora cos seus dous tripulantes cando estaba a unha milla de Cabo Corrubedo.
Salvamento sinalou que estaba prevista a chegada ao Porto de Ribeira sobre as 12,45 horas deste martes e concretou que os tripulantes rescatados non necesitaban asistencia médica.
Escribe o teu comentario