Pedro Sánchez anuncia en Sevilla que entra na pelexa por liderar o PSOE
Lanza a proclama "no corazón do socialismo andaluz e español". Vese con "máis experiencia e ganas que nunca".
O exsecretario xeral do PSOE Pedro Sánchez anunciou este sábado en Dos Hermanas (Sevilla) a súa decisión de presentar a súa candidatura á Secretaría Xeral do PSOE de cara ao 39 Congreso que o partido celebrará en xuño.
"Hoxe, en Dos Hermanas, no corazón do socialismo andaluz e español, anúnciovos a toda a militancia que serei o voso candidato á Secretaría Xeral", proclamou Sánchez no seu primeiro acto público con militantes desde que o Comité Federal puxese data ao 39 Congreso do partido, coa asistencia de máis de 1.000 persoas no Parque Científico e Tecnolóxico de Dos Hermanas.
Ao acto asistiron o alcalde da dita cidade, o socialista Francisco Toscano, ademais doutros políticos como os deputados nacionais do PSOE Odón Elorza, Zaida Cantera e Adriana Lastra, o secretario xeral do PSOE de Valencia, José Luis Ábalos, ou o que foi candidato á Secretaría Xeral do PSOE José Antonio Pérez Tapias.
Durante a súa intervención, Sánchez defendeu que "é momento de comprometerse a dar o mellor de nós mesmos", e que ten "máis experiencia e ganas que nunca", para engadir a continuación que "será unha honra liderar o voso proxecto colectivo".
Escribe o teu comentario