Un ferido grave en Vigo ao ser atropelado por un condutor bebido
Camiñaba por unha zona peonil restrinxida ao paso de vehículos. A policía detivo o condutor, que deu positivo en alcol.
Unha persoa resultou ferida grave este sábado en Vigo tras ser atropelada sobre as 8,30 horas cando camiñaba por unha zona peonil restrinxida ao paso de vehículos.
Segundo informaron fontes da Policía Local de Vigo a Europa Press, o condutor do automóbil deu positivo por alcoholemia e procedeuse á súa detención.
O atropelo produciuse nas inmediacións da rúa Montero Ríos e o Hotel Palacio Universal. O ferido foi trasladado de urxencia ao Hospital Álvaro Cunqueiro.
Escribe o teu comentario