Arde un albergue en Xunqueira de Ambía

O lume deixou "importantes danos" na vivenda e afectou, parcialmente, a outras casas lindeiras pero non houbo que lamentar danos persoais. 


|

Xunqueiradeambiacallesanrosendo


Unha casa que funcionaba como albergue privado ardeu este xoves no municipio ourensán de Xunqueira de Ambía, aínda que non houbo que lamentar danos persoais.


Segundo a información do CAE 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 3,30 horas da madrugada nun edificio situado na rúa San Rosendo.


Ata a zona desprazáronse os Bombeiros de Xinzo de Limia e os Bombeiros de San Cibrao. Así mesmo, informouse tamén a Protección Civil de Xunqueira, Allariz, Vilar de Barrio e Maceda e á Garda Civil.


O lume deixou "importantes danos" na vivenda e afectou, parcialmente, a outras casas lindeiras. No interior do inmoble había dúas persoas que non resultaron afectadas.


A hospedaxe levaba pouco tempo aberto, segundo La Voz de Galicia, e daba aloxamento sobre todo a peregrinos que facían a Ruta da Prata

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE