Unha nova aplicación do 061 facilitará o acceso ás urxencias sanitarias

Permite que, en caso de urxencia, o usuario poida enviar os seus datos de afiliación e a súa posición exacta xeolocalizada. 


|

Consellodaxunta260116


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, informou este xoves que a partir da próxima semana estará dispoñible unha nova aplicación do 061 de Galicia. Esta canle, pensada para móbiles e tabletas, pretende facilitar o acceso ao servizo de urxencias sanitarias.


Na rolda de prensa posterior á reunión do seu Executivo, Feijóo explicou que, con esta ferramenta, "os profesionais do servizo de urxencias recibirán ao instante estes datos, á vez que poderán recuperar os datos do paciente e a súa historia clínica". E é que, a aplicación permite que o cidadán, en caso de urxencia, ademais de chamar ao 061 poida enviar os seus datos de afiliación e a súa posición exacta xeolocalizada.


Outra das innovacións que incorpora, segundo sinalou o mandatario galego, é a posibilidade de rexistrar información sobre varios usuarios e domicilios, desta forma, aqueles que teñan persoas maiores ao seu cargo poden pedir axuda para eles de forma "rápida e sinxela".


Así mesmo, co obxectivo de concienciar sobre a importancia dos primeiros auxilios, esta inclúe un apartado de información ao cidadán no que se ofrecen consellos e pautas para actuar en situacións cotiás que requiren a aplicación destas técnicas. Ademais, ofrece a posibilidade de contactar con profesionais sanitarios do servizo de urxencias e resolver as súas dúbidas ou realizar consultas de forma inmediata a través da consulta en liña.


SUXESTIÓNS, QUEIXAS E AGRADECEMENTOS


A aplicación, ademais, presenta unha canle de envío de suxestións, queixas e agradecementos que "non só chegarán ao 061, senón tamén ás unidades de atención de urxencias do Sergas". Segundo destacou Feijóo, estas opinións dos usuarios teranse en conta para mellorar continuamente a sanidade pública da comunidade.


A aplicación, tal e como especificou a Xunta, desenvolveuse con fondos europeos no marco dos proxectos de innovación Hospitais 2050 e poderá descargarse de forma gratuíta a partir do próximo 31 de decembro, tanto en dispositivos Android como Apple.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE