Gas Natural Fenosa, galardoada co Gold Class ao ser líder mundial en sustentabilidade

|

Gasnatuarlfenosa


Gas Natural Fenosa foi galardoada como empresa Gold Class polo Anuario da Sustentabilidade 2017 que publica anualmente RobecoSAM e que recoñece aos líderes mundiais en sustentabilidade.


O recoñecemento é para aquelas empresas que se distinguen polos seus resultados económicos, sociais, ambientais e de goberno e que teñen un claro enfoque cara á creación de valor de longo prazo.


A enerxética converteuse así en unha das catro empresas españolas que recibiu esta distinción. Na súa décimo cuarta edición, RobecoSAM avaliou o desempeño en sustentabilidade de máis de 2.400 empresas de 60 sectores de todo o mundo.


O anuario distribúese a máis de 4.000 investidores para que poidan valorar a xestión que as compañías analizadas realizan de aspectos sociais, ambientais e de goberno corporativo.


RobecoSAM é unha axencia de avaliación de sustentabilidade que realiza as valoracións do Dow Jones Sustainability Index, un dos principais índices mundiais neste campo.


GAS NATURAL FENOSA, FORTE COMPROMISO COA SUSTENTABILIDADE 


Gas Natural Fenosa mantén desde hai anos un forte compromiso coa sustentabilidade. Proba diso é a súa inclusión, entre outros, no Dow Jones Sustainability Index, ao que pertence desde hai máis de 10 anos.


A compañía enerxética forma parte tamén do índice de sustentabilidade FTSE4Good desde a súa creación en 2001, do MSCI Global Climate Change e dos índices Euronext Vigeo nos seus tres variantes World 120, Europe 120 e Eurozone 120.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress