Os teleoperadoradores retoman as mobilizacións en Vigo, A Coruña e Lugo
Denuncian que a patronal "segue mantendo a súa proposta de convenio continuista que pretende perpetuar condicións precarias".
Vigo, A Coruña e Lugo acollerán este xoves, 26 de xaneiro, concentracións con motivo dunha nova xornada de folga no sector do telemarketing convocada en todo o Estado.
Segundo informa a Confederación Xeral do Traballo (CXT), tras máis de dous anos de negociación do novo convenio colectivo a patronal do sector "segue mantendo a súa proposta de convenio continuista que pretende perpetuar condicións precarias para os teleoperadores".
O sindicato advirte de que, debido a esta folga, "veranse bloqueados todos os servizos de atención ao cliente do Ibex 35, é dicir, as grandes empresas bancarias, enerxéticas, de telecomunicacións e mesmo administracións públicas" de todo o Estado, xa que, segundo subliña, "este sector é crucial para a prestación de servizos de atención á cidadanía e ao consumidor".
Nas principais cidades do Estado haberá actos públicos de protesta, onde se concentrarán os traballadores en folga. En Galicia está prevista unha manifestación ás 11,00 horas desde a Praza de España.
Mentres que na Coruña a as 12,00 horas convocan unha concentración fronte á tenda de Movistar na Praza de Pontevedra. En Lugo a concentración será diante a empresa de telemarketing Abante.
Escribe o teu comentario