Galicia, á cola no grao de ocupación de prazas hoteleiras

No conxunto do pasado ano o grao de ocupación situouse no 36,1%, o que coloca á galega como terceira comunidade pola cola. 


|

Hotelgalicia


Galicia situouse á cola no grao de ocupación de prazas hostaleiras en decembro de 2016, cun 22,1 por cento, fronte á media estatal do 45,5%, mentres que no conxunto do ano pasado alcanzou o 36,1%, só por diante de Estremadura e Castela A Mancha.


Así o reflicten os datos provisionais da 'Conxuntura Turística Hostaleira' correspondentes a decembro e o ano 2016 publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollidos por Europa Press.


Andalucía, Comunidad de Madrid, Cataluña e Comunidade Valenciana son os destinos principais dos viaxeiros residentes en España en decembro, mentres que Galicia sitúase en oitavo lugar, ao aglutinar un 4,6 por cento.


No conxunto do pasado exercicio, segundo os datos publicados polo INE, a Comunidade galega foi a sexta na distribución de pernoitas de residentes en España, co 5,2 por cento.


En canto os prezos hostaleiros aumentaron un 3,1 por cento en 2016, con unha facturación por habitación ocupada (ADR) de 55,8 euros de media, o que supón unha variación anual do 1,2%, e uns ingresos por habitación dispoñible (RevPar) de 22,3 euros, cunha variación do 8%.


Os prezos hostaleiros en decembro de 2016 aumentaron un 2,4 por cento, cunha facturación por habitación ocupada de 51,6 euros, un 0,3 por cento menos que o mesmo período do ano anterior, e uns ingresos por habitación dispoñible de 12,6 euros, un 1,1 por cento máis.


DATOS ESTATAIS


Os hoteis españois rexistraron 330 millóns de pernoitas durante o pasado ano, o que supón un 7,1% máis que en 2015, segundo os datos provisionais difundidos este luns polo Instituto Nacional de Estatística.


Deste xeito, as pernoitas hostaleiras creceron en 2016 por cuarto ano consecutivo e ademais a maior ritmo. Despois do estancamento rexistrado en 2012, en 2013 aumentaron un 1,9%, mentres que en 2014 subiron un 3,2%. En 2015, o crecemento foi aínda maior, do 4,4%.


O avance das pernoitas experimentado o ano pasado débese ao incremento nun 9,3% das pernoitas dos non residentes, xunto a un aumento do 3,1% nas pernoitas de residentes en España.


Os viaxeiros residentes, que representaron un 49,7% do total, realizaron o 34,5% do total das pernoitas durante todo 2016.


A taxa de variación anual de pernoitas en 2016 foi 2,7 puntos superior á rexistrada en 2015, que foi do 4,4%. Do total de pernoitas rexistradas en 2016, case o 67,1% producíronse entre maio e outubro.


Andalucía, Cataluña, Comunidade Valenciana e Comunidad de Madrid foron os destinos principais dos viaxeiros residentes en España en 2016, con taxas de variación no número de pernoitas do 0,6%, -0,4%, 0,3% e -0,1%, respectivamente.


REPUNTE DO 5,4% NOS PREZOS


Os prezos hostaleiros aumentaron un 5,4%, o que supón un incremento de 0,7 puntos respecto de 2015, cunha facturación por habitación ocupada (ADR) de 82,3 euros de media e uns ingresos por habitación dispoñible (RevPar) dc e 53,9 euros.


Por categorías, a facturación media é de 181,4 euros para os hoteis de cinco estrelas, de 88,6 euros para os de catro e de 66,8 euros para os de tres estrelas. Os ingresos por habitación dispoñible para estas mesmas categorías foron de 126,3, 66,2 e 46,4 euros, respectivamente.


As comunidades autónomas que presentaron as taxas máis altas foron Canarias (+6,8%), Baleares e Comunidade Valenciana (+6,7%, en ambos os casos). Pola súa banda, a Comunidade Foral de Navarra (+1,2%) e Castela-A Mancha (+1,1%) foron as comunidades autónomas onde menos subiron os prezos en 2016.


CANARIAS, PRINCIPAL DESTINO ELIXIDO


O principal destino elixido polos non residentes en 2016 foi Canarias, cun 28,5% do total de pernoitas. Nesta comunidade, as pernoitas de estranxeiros aumentaron un 10,1% respecto de 2015. Os seguintes destinos foron Baleares (24,9% do total) e Cataluña (17,9%). Nestas comunidades as pernoitas aumentaron un 8,1% e un 6,9%, respectivamente.


Durante 2016, cubriuse o 59,9% das prazas ofertadas, cun aumento do 5,3% respecto ao ano anterior. O grao de ocupación por prazas en fin de semana incrementouse un 4,3% e situouse no 65,1%. Baleares foi a comunidade con maior grao de ocupación por prazas durante 2016, co 79,5%. Seguíronlle Canarias (78,6%) t Comunidade Valenciana (60,4%).


As principais zonas turísticas por número de pernoitas foron a illa de Mallorca (con máis de 41,9 millóns de pernoitas), a illa de Tenerife (con 23,3 millóns) e a zona de Barcelona (19,4 millóns).


Por mercados, os viaxeiros de Reino Unido e Alemaña realizaron máis de 107 millóns de pernoitas hostaleiras en 2016, a metade do total de pernoitas realizadas por viaxeiros non residentes. As pernoitas de viaxeiros de Reino Unido aumentaron un 11%, mentres que as dos alemáns fixérono un 6,6%.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE