O tempo de espera para operarse baixa en 8 hospitais do Sergas, sobe en 5, e mantense no CHUO

A espera media para unha primeira consulta descende en cinco das sete áreas sanitarias galegas pero aumentan os pacientes a 170.461. 


|

Hospital


A espera media para operarse baixou ao 31 de decembro de 2016 en oito dos 14 hospitais do Servizo Galego de Saúde (Sergas), así como en Povisa, con respecto ao peche do ano 2015. Mentres, no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) mantense igual no global.


Deste xeito, situouse en 67,5 días de demora media a 31 de decembro de 2016, fronte aos 70,8 do mesmo período do ano anterior, con 32.704 pacientes o a lista de espera, fronte aos 33.054 dun ano antes, segundo os datos publicados este venres polo Sergas na súa web, recollidos por Europa Press.


En concreto, descende a espera media para unha intervención no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac) ata os 75,1 días; no complexo compostelán (CHUS), a 72,6; no Hospital do Barbanza, a 46,1; Hospital da Costa, a 49,4; Hospital de Monforte, a 31,7; Hospital de Valdeorras, a 23,7; Hospital de Verín, a 34,4; e complexo vigués (Chuvi), a 94,5.


Por contra, a demora media para operarse nos hospitais da rede do Sergas sobe en cinco: Virxe da Xunqueira, a 44,7 días; Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUS), a 39,9; Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), a 48,3; complexo pontevedrés (CHOP), a 37,8; e Hospital do Salnés, a 39,6 días. Mentres, no CHUO mantense en 44,3.


Os datos publicados polo Sergas reflicten que ao peche de 2016 había 25.121 pacientes esperando menos de tres meses por unha operación nos hospitais do Sergas; 5.651, entre tres e seis meses; 1.827, entre seis e doce meses; e 105, máis dun ano.


No caso concreto do Hospital Povisa de Vigo, a 31 de decembro de 2015 a demora media para operarse estaba en 139,4 días, con 4.388 pacientes en lista de espera; e pechou 2016 con 3.215 pacientes é espera cun tempo medio de 75,9 días.


CONSULTAS


Pola súa banda, a demora media para unha primeira consulta, segundo os datos publicados polo Sergas, descendeu en cinco das sete áreas sanitarias galegas e subiu en dúas.


En concreto, descendeu nas áreas sanitarias da Coruña, Santiago, Lugo-Cervo-Monforte, Pontevedra-Salnés e Vigo, mentres que aumentou nas de Ferrol e Ourense-Verín-O Barco.


No global, a demora media para unha primeira consulta situábase a 31 de decembro de 2016 en 47,3 días e 170.461 pacientes en lista de espera, fronte aos 51,4 días e 163.272 persoas un ano antes.


Segundo os datos do Sergas, ao 31 de decembro de 2016 facía 148.991 pacientes esperando menos de tres meses para unha consulta; 19.341, entre tres e seis meses; e 2.129, entre seis e doce meses.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE