2.000 galegos acreditarán o seu oficio este ano, coa extinción de incendios como novidade

A Consellería de Economía, Emprego e Industria recoñece así con carácter oficial e validez nacional a experiencia ou formación non formal de traballadores galegos.


|

Portodosonincendioforestalbombeiros


A Xunta acreditará este ano a experiencia profesional de máis de 2.000 galegos. Como novidade este ano inclúese a de operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no rural.


O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves a novena convocatoria deste procedemento cun total de 2.015 prazas en nove cualificaciones.


As noves cualificaciones que se convocan son, ademais da novidade de extinción de incendios: de atención sociosanitaria a persoas con domicilio, atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, servizos para o control de pragas, xestión de servizos para o control de organismos nocivos, socorrismo en espazos acuáticos naturais, socorrismo en instalacións acuáticas, salvamento e tanatopraxia.


A Consellería de Economía, Emprego e Industria recoñece así con carácter oficial e validez nacional a experiencia ou formación non formal de traballadores galegos.


A través desta iniciativa houbo unha acreditación oficial de máis de 9.600 galegos, mentres que o Goberno galego aumenta este ano o orzamento para a formación para o emprego nun 21,6%.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE